Don Raul Silva Rodríguez, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don Raul Silva Rodríguez, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Tarde tráxica na parroquia de Xaviña cando se coñecía a repentina morte do noso querido amigo Don Raul Silva Rodríguez aos seus tempranos 72 anos de idade. Don Raul, home sempre aflable, máis coñecido en toda a parroquia xaviñana por "Lulo", está sendo velado na Sala I do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 19:45 da tarde deste triste venres 22 de xuño onde será celebrado o funeral de corpo presente por este querido veciño de Xaviña. Acto seguido será realizado o sepelio de Don Raul no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde os restos mortais do noso amigo terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Raul, especialmente a súa dona Carmen e aos seus fillos Raquel e Manolo. Descanse en Paz Lulo. ...
Dona Matilde Castro Tajes, veciña de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Dona Matilde Castro Tajes, veciña de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Na mañán deste invernal 9 de xuño de 2018 a redacción desta web tiña coñecemento da triste notiica da defunción da querida veciña de Brañas Verdes Dona matilde Castro Tajes aos seus 82 anos de idade. Dona Matilde, máis coñecida en toda a parroquia de Xaviña como a Muller de Ernesto está sendo velada no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:45 da tarde deste domingo 10 de xuño para ser celebrado o seu funeral de corpo presente no sagrado templo xaviñán. Acto seguido, os restos mortais de dona Matilde serán trasladados ata o Cemiterio Veciñal de Santa María para ser realizado o seu sepelio onde o corpo sen vida de Dona Matilde terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Matilde Castro Tajes. Descanse en Paz. ...
Novas medidas da Xunta contra os incendios forestais na parroquia de Xaviña

Novas medidas da Xunta contra os incendios forestais na parroquia de Xaviña

Na tarde deste mércores 25 de abril de 2018 un axente forestal estivo en Xaviña para informar sobre a lei de incendios. Este funcionario, moi querido e respetado en toda a parroquia de Xaviña, mostroulle a todos os asistentes o plano que adxuntamos ao final deste texto onde marcou claramente dúas liñas: A liña verde marca os 15 metros desde o linde co urbano onde non pode haber ningunha plantación, só arbores dispersas como frutais. A liña vermella marca os 50 metros desde o linde urbano onde non pode haber ningunha plantacion de pinos e eucaliptos. O funcionario dou de prazo todo o mes de maio para que se corte o que corresponde. Se alguén ten dúbidas da liña o forestal deixóu o seu número de teléfono para que lle chamen para acercarse ata o lugar no que haxa dúbidas sobre a situación dos árboles. O teléfono do forestal é o 608138081 ...
O concelleiro Sergio Caamaño asistíu este martes á reunión cos técnicos da Xunta sobre a crise da polilla da pataca en Muxía

Camariñas, zona tampón para a erradicación da couza guatemalteca da pataca

Na tarde deste 27 de marzo de 2018, un grupo de veciños do concello encabezados polo concelleiro xaviñán Sergio Caamaño desprazábanse ata Muxía para estar presentes na reunión que a Xunta de Galicia organizaba en Muxía con motivo da inclusión desta vila da Costa da Morte na zona infectada pola couza guatemalteca da pataca. Estas son as impresións e notas recollidas desta charla informativa que os técnicos da Xunta comentaron nesta reunión sobre a polilla da pataca en Muxía. Manifestar antes de nada a nosa comprensión e apoio polos duros momentos que van vivir os veciños do Concello de Muxía. O cabreo tanto do Alcalde como dos cidadáns na charla presentes son totalmente compartidos. ...
Don José Manuel Méndez Martínez, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Don José Manuel Méndez Martínez, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Tarde tráxica a deste domingo 18 de marzo en todo o concello. Ás mortes de Dona Yda na Ponte do Porto e de Dona Dolores en Camariñas sumábase a dramática defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don José Manuel Méndez Martínez aos seus tempranos 46 anos de idade. Encontrábase noso amigo, moi coñecido en todo o concello, un pouco indisposto na media mañán deste domingo e decidíu chamar aos servicios médicos que se trasladaron de urxencia ata Brañas Verdes. Ao chegar estes á casa de Don José Manuel os facultativos encontráronse con que o paciente estaba xa moi grave e sin coñecemento. Os médicos intentaron revertir a situación e incluso chegaron a utilizar o desfibrilador para reanimar a José Manuel que xacía xa sen vida. Dase a circunstancia de que ao non estar claros os motivos da morte de Don José Manuel os servizos médicos decidiron trasladar os restos mortais do veciño de Brañas Verdes a un centro hospitalario da Coruña onde se lle practicou a autopsia. Na mañán deste luns 19 de marzo chegaba o corpo sen vida Don José Manuel ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto onde será velado ata mañán martes cando ás...