Todo listo para o espectacular San Blas 2015 en Xaviña

Todo listo para o espectacular San Blas 2015 en Xaviña

Xa están as potas a todo lume nas cociña, as viandas máis exquisitas xa a remollo. Os traxes masculiños e as últimas galas femininas xa están preparadas para uns dos días máis grandes da parroquia máis extensa do noso concello. Un día festivo este sábado 7 de febreiro de 2015 no cal se homenaxeará en Xaviña ao seu querido San Blas coa tradicional misa oficiada dende hai décadas polo sabio cura párroco Don Mario no milenario santuario románico de Santa María seguida esta da solemne procesión que percorrerá parte da flamante Rúa da Igrexa. Despois dos oficios relixiosos procederase ao baile vermout coa actuación da Orquesta CINEMA. Xa á noite espérase gran afluencia de persoal orquesteril á verbena que ten como actuación estelar nada máis e nada menos que á orquestra FILADELFIA acompañada da orquestra CINEMA. Coma sempre só nos queda felicitar a esta xoven e traballadora comisión de festas de rapazas de Xaviña que, coa entusiasta colaboración do Concello de Camariñas así como das diferentes casas comerciais de gran parte deste, está cada vez deixando o listón máis e máis arriba. Noraboa chicas! ...
Cartel da Festa de San Blas 2015 en Xaviña

Cartel da Festa de San Blas 2015 en Xaviña

Todo anda listo en Xaviña para que o vindeiro sábado 7 de febreiro arranque outra edición da Festa de San Blas. A tradición manda na parroquia máis extensa do noso concello e os veciños cumpren ca máxima pulcritude co rito: ata dúas orquestas de primeiro nivel ao decir dos sabios expertos nos menesteres orquesteriles, que aínda que poida parecer increíble hainos, Cinema e Filadelfia, farán a súa estelar aparición pola interminable llanura xaviñana alá polas datas de febreiro. Elo acompañado do aderezo de rigor: misas, solemnes sesións vermús, as gaitas de Abrindo Rejo e a ledicia e simpatía das boas xentes de Xaviña. San Blas, foi elexir bo sitio para ser cristianamente honrado... E para irquentando motores unhas fotiños de arquivo da festa do 15 de agosto. Arrancamos o calendario festeiro 2015: esto vai ser un non parar!! ...
Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña

Naufraxio dunha embarcación en Santa Mariña

Era sobre a media mañá deste mércores 17 de decembro de 2014 cando a embarcación de nome "Rosal" con base en Santa Mariña e con dous tripulantes abordo volcaba inesperadamente por mor dunha forte ola que os sorprendeu arroxando ao mar aos seus dous tripulantes a media milla do seu porto base, na zona coñecida como O Capelo. Foron os nosos amigos Cristian e Francisco rescatados rápidamente dende outra embarcación que se atopaba preto do lugar do sinistro. Gracias a esta rápida e provindencial intervención os mariñeiros da embarcación afundida non levaron máis que un gran susto non sendo así os danos materiais xa que todos os instrumentos e maquinaria da lancha quedaron totalmente inservibles debido ao afundimento total da embarcación. O drama na mar estivo a piques de cobrarse un novo tributo en Santa Mariña non moito despois de que non lonxe de alí, en Boiro, tres mareiñeiros galegos naufragasen ca súa embarcación ermañecendo desaparecidos nos intres nos que se escribía a presente crónica. ...
Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

A renovada comisión de festas de Santa Mariña ven de organizar para este sábado 6 de decembro de 2014 unha cea baile no Ristorante O Ariño de Xaviña co obxectivo de achegar uns cartiños para a próxima cita festeira dunha das vilas mariñeiras máis coquetas da Costa da Morte. A cena, que estará amenizada por un dúo musical, contará con un sinxelo aínda que apetecible menú no que se servirá en primeiro lugar uns entrantes variados. Xa despois, ben parapetados na mesa todos os comensais, comezarase co reparto do rancho que consistirá en gambas á plancha e churrasco de porco e de tenreira con guarnición e ensalada para despois finalmente culminar con un cafeíño para relaxarse uns e para despexarse os máis bailadores antes de que comece a sesión musical. Todos aqueles que desexen acudir a esta cita para beneficencia da famosa Festa de Santa Mariña poden chamar ao 672 04 19 63 para confirmar a súa asistencia. ...
Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

Este próximo sábado 6 de decembro de 2014 a partir das 17:00 horas celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña o primeiro aniversario do pasamento do noso amigo Don Roberto Castro Tajes. Máis coñecido como Roberto de Brañas Verdes, finou tristemente un 1 de decembro de 2013 aos seus 59 anos de idade despois dunha dura loita contra unha fatal enfermidade que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo. Para todos aqueles que queiran asistir ao funeral de Roberto contarán con servicio de dous autobuses que sairán un dende Camelle ás 16:00 horas pasando por A Ponte do Porto, O Allo e Dor e outro transporte que sairá dende Carantoña á mesma hora e que pasará recollendo a todas as persoas que desexen asistir ao funeral de Roberto polas localidades de Santa Mariña, Brañas Verdes e Camariñas. Roberto Castro Tajes, sempre na nosa memoria. Descanse en Paz. ...