Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

Cena Baile da comisión de festas de Santa Mariña

A renovada comisión de festas de Santa Mariña ven de organizar para este sábado 6 de decembro de 2014 unha cea baile no Ristorante O Ariño de Xaviña co obxectivo de achegar uns cartiños para a próxima cita festeira dunha das vilas mariñeiras máis coquetas da Costa da Morte. A cena, que estará amenizada por un dúo musical, contará con un sinxelo aínda que apetecible menú no que se servirá en primeiro lugar uns entrantes variados. Xa despois, ben parapetados na mesa todos os comensais, comezarase co reparto do rancho que consistirá en gambas á plancha e churrasco de porco e de tenreira con guarnición e ensalada para despois finalmente culminar con un cafeíño para relaxarse uns e para despexarse os máis bailadores antes de que comece a sesión musical. Todos aqueles que desexen acudir a esta cita para beneficencia da famosa Festa de Santa Mariña poden chamar ao 672 04 19 63 para confirmar a súa asistencia. ...
Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajes

Este próximo sábado 6 de decembro de 2014 a partir das 17:00 horas celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña o primeiro aniversario do pasamento do noso amigo Don Roberto Castro Tajes. Máis coñecido como Roberto de Brañas Verdes, finou tristemente un 1 de decembro de 2013 aos seus 59 anos de idade despois dunha dura loita contra unha fatal enfermidade que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo. Para todos aqueles que queiran asistir ao funeral de Roberto contarán con servicio de dous autobuses que sairán un dende Camelle ás 16:00 horas pasando por A Ponte do Porto, O Allo e Dor e outro transporte que sairá dende Carantoña á mesma hora e que pasará recollendo a todas as persoas que desexen asistir ao funeral de Roberto polas localidades de Santa Mariña, Brañas Verdes e Camariñas. Roberto Castro Tajes, sempre na nosa memoria. Descanse en Paz. ...
José Antonio Fabián González, Descanse en Paz

José Antonio Fabián González, Descanse en Paz

Amencer tráxico en Xaviña este luns 24 de novembro de 2014. A primeira hora da mañá a redacción de Camarinas.eu recibía incrédula a triste e dolorosa noticia da morte do noso querido amigo José Antonio Fabián González aos tan só 58 anos de idade. O corpo sen vida do coñecido comerciante orixinario da provincia de Ávila aparecía sen vida na súa casa do lugar da Piosa por mor dun paro cardíaco. Fabián, como era popularmente coñecido en gran parte da Costa da Morte, estaba casado e deixa un fillo orfo, Juan, que había tan só escasos meses contraera matrimonio. O corpo sen vida de Fabián está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ás 16:30 horas deste martes 25 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde se realizará o Funeral de Corpo Presente para despois proceder ao sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Fabián e ofrecer todo o noso apoio nestes durísimos momentos que están a vivir. José Antonio Fabián González, Descanse en Paz. ...
Jesús López Sambade, Descanse en Paz

Jesús López Sambade, Descanse en Paz

Esta chuviosa mañá de martes 18 de novembro a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia do falecemento do querido veciño de Xaviña Don Jesús López Sambade aos seus 74 anos de idade. Don Jesús viña arrastrando unha longa enfermidade que ao final levouse definitivamente a súa vida. Os restos mortais deste querido veciño de Xaviña están sendo velados na súa casa da Rúa da Gándara dende onde sairán este mércores 19 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María onde terá lugar a celebración do funeral en corpo presente de Don Jesús ás 16:00 horas. Acto seguido o corpo sen vida de Don Jesús será trasladado ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde será finalmente inhumado. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condoloencias a toda a familia e amigos de Don Jesús. Descanse en Paz. ...
Cartel da Festa do 15 de Agosto en Xaviña

Cartel da Festa do 15 de Agosto 2014 en Xaviña

A ponte do 15 de agosto ten cartel completo na Parroquia de Xaviña. A xove Comisión de Festas foi quen de organizar un programa completo e acabado que arrancando do xoves 14 de agosto levará ata o sábado 16 a mellor música á parroquia máis extensa do noso concello. O primeiro día será a Orquestra Cinema Factory e unha Disco Móvil as que amenizarán a velada para ao día seguinte a Asociación Abrindo Rejo, e as orquestras Galín e Diamante encargarse do fondo musical dun venres festivo que promete emocións fortes. Finalmente o sábado novamente Abrindo Rejo e o Dúo Ale e Alex na sesión vermouth aledarán os corazóns musicais xaviñáns e foráneos. ...