Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

De seguir así este convertirase no setembro máis tráxico en canto a mortes de veciños do Concello de Camariñas se refire. Na madrugada deste xoves 14 de setembro de 2017 producíase a triste defunción da querida veciña de Santa Mariña Dona Verita Martínez Canosa aos seus escasos 72 anos de idade. Señora Verita estaba ingresada no hospital Juan Canalejo da Coruña por mor dunha doenza que ao final se levou a vida da nosa estimada veciña. O corpo sen vida de Dona Verita está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 17:00 horas para pouco despois celebrarse o seu funeral de corpo presente na súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolecias a toda a familia e amigos de dona Verita. Descanse en Paz. ...
Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

Inacabable esta temporada de decesos dentro do Concello de Camariñas. Ás xa recentes defuncións que tanto nos apenaron últimamente e que por mor do traballo non pudemos atender nesta web como correspondía, hai que sumar a morte este mesmo mércores 30 de agosto da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Carmen Rodríguez Rodríguez aos seus 98 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Carmen de Marcelino, como era coñecida en Xaviña, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este xoves 31 de agosto ás 17:00 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Dona Carmen Rodríguez Rodríguez. Descanse en Paz. ...
Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol! ...
ENCUENTRO DEL PROYECTO REN EN PELLEGRINO PARMENSE, ITALIA.

LA XAVIÑANA SILVINA MUÑOZ PROTAGONISTA EN EL ENCUENTRO DEL PROYECTO REN EN PELLEGRINO PARMENSE, ITALIA.

La joven emprendedora Silvina Muñoz, propietaria de una panadería y pastelería artesana, viajó a la ciudad italiana de Pellegrino Parmense para asistir al encuentro local del proyecto REN, red de municipios rurales europeos en el que participa el Concello de Camariñas. ...
Alejandro Carril Rojo, Descanse en Paz

Alejandro Carril Rojo, Descanse en Paz

Este xoves 25 de xuño de 2015 deixaba finalmente este mundo despois dunha longa loita contra unha dura enfermidade o Señor Don Alejandro Carril Rojo aos seus 85 anos de idade. O corpo sen vida deste querido veciño da parroquia de Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernandez Espín de Camariñas dende onde sairá este venres 26 de xuño ás 17:45 horas cara á Igrexa Parroquial de Santa maría de Xaviña. Alí procederase a celebrar o funeral de corpo presente pola alma de Don Alejandro para despois procederse ao seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende aquí as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alejandro Carril Rojo, especialmente a súa dona Arminda e seus fillos, os nosos queridos amigos Roberto, Alejandro, Rosa María e David Carril Castiñeira. Don Alejandro, Descanse en Paz. ...