Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz

Don Alfredo Mouzo Pardiñas, Descanse en Paz

Este  23 de setembro de 2017 falecía no Hospital Juan Canalejo o querido veciño de Santa Mariña Don Alfredo Mouzo Pardiñas aos seus 92 anos de idade. Máis coñecido en Santa Mariña como Leopoldo, era viuvo de Amelia Castro Castro, falecida hai exactamente oito meses, coa que tivera seis fillos. O corpo sen vida de Don Alfredo está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste domingo 24 de setembro ás 17:00 horas. Alí, no santuario xaviñán, procederase a celebrar o funeral de corpo presente de Don Alfredo. Acto seguido o corpo sen vida de Don Leopoldo será trasladado ata o Cemiterio Veciñal de Santa Mariña onde o noso querido veciño terá descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfredo Mouzo Pardiñas. Descanse en Paz. ...
María Lema Mouzo, Descanse en Paz

María Lema Mouzo, Descanse en Paz

Moi preto de Dona Verita Martínez, falecida na madrugada deste xoves, vivía a señora que finaba tamén poucas horas despois. Dona María Lema Mouzo era unha querida veciña de Lamastredo e levaba xa ingresada uns días no Hospital Comarcal de Cee onde tristemente faleceu aos seus 92 anos de vida. Dona María, máis coñecida na parroquia de Xaviña por María de Lamastredo está sendo velada na Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 18:45 deste venres 15 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María de Lamastredo. Descanse en Paz. ...
Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

Verita Martínez Canosa, Descanse en Paz

De seguir así este convertirase no setembro máis tráxico en canto a mortes de veciños do Concello de Camariñas se refire. Na madrugada deste xoves 14 de setembro de 2017 producíase a triste defunción da querida veciña de Santa Mariña Dona Verita Martínez Canosa aos seus escasos 72 anos de idade. Señora Verita estaba ingresada no hospital Juan Canalejo da Coruña por mor dunha doenza que ao final se levou a vida da nosa estimada veciña. O corpo sen vida de Dona Verita está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 17:00 horas para pouco despois celebrarse o seu funeral de corpo presente na súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolecias a toda a familia e amigos de dona Verita. Descanse en Paz. ...
Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

Dona Carmen Rodríguez Rodríguez, Descanse en Paz

Inacabable esta temporada de decesos dentro do Concello de Camariñas. Ás xa recentes defuncións que tanto nos apenaron últimamente e que por mor do traballo non pudemos atender nesta web como correspondía, hai que sumar a morte este mesmo mércores 30 de agosto da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Carmen Rodríguez Rodríguez aos seus 98 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Carmen de Marcelino, como era coñecida en Xaviña, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este xoves 31 de agosto ás 17:00 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia de Dona Carmen Rodríguez Rodríguez. Descanse en Paz. ...
Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

Cartel da Festa da Praia 2017 en Xaviña

Andaba estes días máis atareado do habitual o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño para deixar todo listo de cara a outra gran edición da Festa da Praia 2017. Este martes 25 de xullo de 2017, Día de Santiago Apostol, celebrarase no merendeiro da praia do Ariño de Xaviña a partires das 12 da mañá a típica misa en honor ao benerado patrón de España e Galicia. Rematada a misa solemne que o noso querido páter Don Mario impartirá coa súa característica sabiduría teóloga chegará o tempo para o lecer coa actuación do Dúo Diamante que será o prolegómeno da tradicional parrrila de sardiñas que os voluntariosos empregados municipais repartirán para todos os asistentes. A continuación será o turno dos xogos hinchables para os máis pequenos da casa. E despois, xa pola tardiña, tocará desfrutar cos diferentes actos musicais que dende o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo de Xaviña teñen preparadas para todos os que se acerquen a un lugar de beleza incomparable como o é o merendeiro do Ariño de Xaviña. Feliz día de Santiago Apostol! ...