Esta fin de semana inaugúrase a Área de Autocaravanas do Ariño en Xaviña

Esta fin de semana inaugúrase a Área de Autocaravanas do Ariño en Xaviña

A praia do Ariño conta dende hai un tempo cunha area de servizos para autocaravanas. Está é un área pública e gratuíta, aberta todo o ano, que acolle a familias e visitantes que utilizan este medio de transporte para coñecer Camariñas e a Costa da Morte. ...
Dona Carmen Vigo Santos, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Dona Carmen Vigo Santos, veciña de Xaviña, Descanse en Paz

Na mañán deste xoves 22 de febreiro de 2018 recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción da querida veciña de Xaviña Dona Carmen Vigo Santos aos seus 96 anos de idade. Dona Carmen, viúva de Alejandro do Paneco como era máis coñecida en toda esta parroquia, está sendo velada na súa casa do Sixto dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este venres 23 de febreiro ás 16:30 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais desta querida veciña, serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde estes terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Vigo Santos. Descanse en Paz. ...
Manuel Meirás Cibrán, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Manuel Meirás Cibrán, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Si xaneiro fora un mes tráxico no que respecta a número de decesos dentro do noso concello, o mes no que recentemente entramos ten pinta de levar o mesmo rumbo. Deus non o queira, pero o comezo non da moitas esperanzas a que cambie. Na noite deste desgraciado xoves 1 de febreiro volvía esta redacción a recibir tristes noticias coa morte de Don Manuel Meirás Cibrán aos seus 84 anos de idade despois de ser confortado cos auxilios espirituais. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado na Sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá este sábado 3 de febreiro ás 15:45 horas cara a Igrexa de Santa María de Xaviña. Alí, no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente deste querido veciño de Xaviña para, acto seguido, ser realizado o sepelio de Don Manuel no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Meirás Cibrán. Desncanse en Paz. ...
Manuel Tajes Blanco, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Manuel Tajes Blanco, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Remata este tráxico mes de xaneiro de 2018, e faino da mesma maneira coa que comezou, con outra defunción. Realmente este goteo incesante de decesos que asolan o noso concello non ten vilos de desaparecer. Desta volta temos que anunciar a triste noticia da morte do querido veciño de Brañas Verdes Don Manuel Tajes Blanco aos seus 81 anos de idade. Don Manuel falecía na madrugada deste 31 de xaneiro de 2018 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os seus restos mortais están sendo velados na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña exactamente ás 15:45 horas deste xoves 1 de febreiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Manuel para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o camposanto de Xaviña onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Blanco. Descanse en Paz. ...
Foto recente de Don Mario nunha procesión de Xaviña

Don Mario, o querido párroco de Xaviña, ingresado nun hospital da coruña

Máxima preocupación en Xaviña: ese centro vital ao redor do cal leva xirando a vida social da parroquia durante estas últimas décadas está a pasar por un pequeño bache de saúde. En efecto, Don Mario, o seu entrañable cura párroco, leva ingresado dende hai uns días nun centro hospitalario da Coruña. As causas que motivaron o seu ingreso veñen determinadas por unha intervención de estómago que, por precaución, requeriron tal medida. Como consecuencia de esta situación, actualmente as misas diarias están suspendidas en Xaviña pero os reflexos que lle faltaron as autoridades eclesiásticas na declaración do 27 de setembro de 2017 da Conferencia Espiscopal, na que equipararon a un vulgar hataxo de golpistas separatistas cunha nación centenaria, vese que algúns deron por amortizada a España, sí fixeron acto de presencia nesta ocasión ca rápida designación do páter xaviñán retirado Don Lorenzo como sustituto do noso querido Don Mario. Porque a Don Mario, como a España, aínda lle queda muito camiño por recorrer. Recemos todos pola pronta recuperación do noso querido cura Don Mario. ...