Manuel Tajes Blanco, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Manuel Tajes Blanco, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Remata este tráxico mes de xaneiro de 2018, e faino da mesma maneira coa que comezou, con outra defunción. Realmente este goteo incesante de decesos que asolan o noso concello non ten vilos de desaparecer. Desta volta temos que anunciar a triste noticia da morte do querido veciño de Brañas Verdes Don Manuel Tajes Blanco aos seus 81 anos de idade. Don Manuel falecía na madrugada deste 31 de xaneiro de 2018 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os seus restos mortais están sendo velados na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña exactamente ás 15:45 horas deste xoves 1 de febreiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Manuel para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o camposanto de Xaviña onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Blanco. Descanse en Paz. ...
Foto recente de Don Mario nunha procesión de Xaviña

Don Mario, o querido párroco de Xaviña, ingresado nun hospital da coruña

Máxima preocupación en Xaviña: ese centro vital ao redor do cal leva xirando a vida social da parroquia durante estas últimas décadas está a pasar por un pequeño bache de saúde. En efecto, Don Mario, o seu entrañable cura párroco, leva ingresado dende hai uns días nun centro hospitalario da Coruña. As causas que motivaron o seu ingreso veñen determinadas por unha intervención de estómago que, por precaución, requeriron tal medida. Como consecuencia de esta situación, actualmente as misas diarias están suspendidas en Xaviña pero os reflexos que lle faltaron as autoridades eclesiásticas na declaración do 27 de setembro de 2017 da Conferencia Espiscopal, na que equipararon a un vulgar hataxo de golpistas separatistas cunha nación centenaria, vese que algúns deron por amortizada a España, sí fixeron acto de presencia nesta ocasión ca rápida designación do páter xaviñán retirado Don Lorenzo como sustituto do noso querido Don Mario. Porque a Don Mario, como a España, aínda lle queda muito camiño por recorrer. Recemos todos pola pronta recuperación do noso querido cura Don Mario. ...
Dona Carmen Tajes Pardiñas, veciña de Santa Mariña, Descanse en Paz

Dona Carmen Tajes Pardiñas, veciña de Santa Mariña, Descanse en Paz

Na tarde deste desapacible venres 12 de xaneiro de 2018 falecía aos 96 anos de idade Dona Carmen Tajes PArdiñas na súa casa de Santa Mariña. Os restos mortais de dona Carmen, viúva do señor Manolo de Lucas, están sendo velados na Sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Capela do Cemiterio Parroquial de Santa Mariña na tarde deste sábado ás 5 da tarde. Xa no camposanto veciñal, procederase a celebrar o funeral desta querida veciña de Santa Mariña, para acto seguido realizarse o seu sepelio no mesmo cemiterio onde o corpo sen vida de Dona Carmen terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Tajes Pardiñas, Descanse en Paz. ...
Don Antonio Estévez Lobelos, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

Don Antonio Estévez Lobelos, veciño de Brañas Verdes, Descanse en Paz

NA tarde deste desapacible primeiro de xaneiro de 2018 falecía o querido veciño de Brañas Verdes Don Antonio Estévez Mouzo aos seus 76 anos de idade. Os restos mortais de Don Antonio de Arou, como era máis coñecido en Brañas Verdes, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas deste chuvioso martes 2 de xaneiro. A continuación, no milenario templo cristiano de Xaviña, será celebrado o funeral de corpo presente do Don Antonio para, acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Ceminterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde Don Antonio recibirá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Antonio Estévez Mouzo, Descanse en Paz. ...
Don José Martínez Martínez, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Don José Martínez Martínez, veciño de Xaviña, Descanse en Paz

Na mañán deste atemporalado mércores 27 de decembro falecía na súa casa do Pedrouzo Don José Martínez Martínez aos seus 85 anos de idade despois dunha dura loita contra unha enfermidad que ao final e a postre levouse por diante a vida do noso querido amigo. Os restos mortais do señor José de Laureano, como era cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste xoves 28 de decembro exactamente ás 15:45 horas. A continuación e xa no sagrado templo xaviñán será realizado o funeral de corpo presente de Don José para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde o noso amigo terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José MArtínez Martínez. Descanse en Paz. ...