Divanir Sambade: Descanse en Paz

A antiga e inmemorial Igrexa románica de Xaviña vivío o seu día máis triste Multitudinario enterro do xoven xaviñán Despois do drama que anonadou a todo un concello, xa se pode decir que Divanir Sambade descansa en paz: a lá no silencio e tranquilidade do Cemiterio Parroquial de Xaviña despois dun enterro triste e amargo. Alí puidéronse ver grandes mostras da dor que producíu a pérdida dun bo rapaz ao que lle quedaba toda a vida por diante e no que prácticamente toda a parroquia de Xaviña enteira se dou cita para rendirlle unha sentida homenaxe a este rapaz novo que perdío a vida na carretera. Divanir, que Deus che teña na Gloria. ...

Accidente mortal en Xaviña

A televisión de Galicia desprazou unha unidade móbil a Xaviña Un rapaz de Xaviña, víctima mortal dun grave accidente. Esta madrugada sobre as 7:00 da mañá producíose un terrible accidente en Xaviña á altura da Piosa. Un coche conducido por un rapaz xaviñán duns 20 anos que viña da Ponte do Porto perdío o control baixando pola Piosa e empotrouse finalmente contra un poste da luz. O rapaz morreu no acto. Segundo testigos presenciais o coche circulaba a gran velocidade. O rapaz de iniciales D.S. chegaba de Ponteceso dunha noite de festa no "NoiteBús" que pasa na Ponte do Porto e alí baixou para coller o seu coche e dirixirse á súa casa. Nunca chegou, baixando a costa da Piosa, fóiselle o coche na curva empotrándose contra un poste de luz e morrendo no acto. En camarinas.eu sumámonos á dor da súa familia e amigos e dámoslle o noso máis sentido pésame. ...
Gallego José, o primeiro barco pola esquerda recollendo chapapote do Prestige

Noticia da Cadena Ser sobre o barco de Camariñas "Gallego Jose"

A Cadena Ser envíanos hoxe unha noticia na que di que según a Capitanía Marítma da Coruña o barco camariñán Gallego José, pertencente a unha das sagas máis míticas de mariñeiros de Xaviña (Os Jallejos) non ten a estabilidade óptima para seguir navegando.  ...

Fotos da Xoldra Enxebre 2007

Cristina Pato foi a cabeza de cartel da Xoldra 2007 Xa están aquí as fotos da Xoldra Enxebre que se celebrou este ano na Praia do Ariño de Xaviña e na que non houbo moi bo tempo pero ao final pasámolo en grande cos grandes músicos que a Asociación "Abrindo Rejo" trouxo a Xaviña. Esperemos que para o ano que ven a directiva, na que xa non estará Sergio Caamaño, volva a facelo tan ben. Norabóa compañeiros! Aquí nos tendes para o que faga falla. Pulsa neste enlace para ver as fotos. ...
Cartel da festa de Xaviña

Marejada de Festas

Este fin de semana na Ponte do Porto, para o próximo San Bartolo de Arou. Hoxe e mañá Xaviña. No Concello de Camariñas non paramos coas festas. Este mes de Agosto estamos que rachamos coa pana.. non haberá parada para ninguén. ¿É o Camariñán o ser humano máis festeiro do mundo? As provas non deixan lugar para as dúbidas. En todo o caso, os científicos xa están estudiando o caso. Polo que nos toca a nós, xa temos bastante con pasalo ben. ...