Fotos da Xoldra Enxebre 2007

Cristina Pato foi a cabeza de cartel da Xoldra 2007 Xa están aquí as fotos da Xoldra Enxebre que se celebrou este ano na Praia do Ariño de Xaviña e na que non houbo moi bo tempo pero ao final pasámolo en grande cos grandes músicos que a Asociación "Abrindo Rejo" trouxo a Xaviña. Esperemos que para o ano que ven a directiva, na que xa non estará Sergio Caamaño, volva a facelo tan ben. Norabóa compañeiros! Aquí nos tendes para o que faga falla. Pulsa neste enlace para ver as fotos. ...
Cartel da festa de Xaviña

Marejada de Festas

Este fin de semana na Ponte do Porto, para o próximo San Bartolo de Arou. Hoxe e mañá Xaviña. No Concello de Camariñas non paramos coas festas. Este mes de Agosto estamos que rachamos coa pana.. non haberá parada para ninguén. ¿É o Camariñán o ser humano máis festeiro do mundo? As provas non deixan lugar para as dúbidas. En todo o caso, os científicos xa están estudiando o caso. Polo que nos toca a nós, xa temos bastante con pasalo ben. ...
Imaxe da Festa do Mexillón de Xaviña

Festa do Mexillon en Xavina

A Festa do Mexillón de Xaviña estase a converter nun clásico da Costa da Morte. Este sábado 11 de Agosto celébrase en Xaviña a xa veterana Festa do Mexillón que xa conta cunhas edicións cada vez máis concurridas. Para ver as fotos da Festa do Mexillón de Xaviña pulsa AQUÍ ...