1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Desde un tempo a esta parte, pouco a pouco o lugar de Brañas Verdes, sito na parroquia de Xaviña, está a sofrir un continuo e incesante goteiro de defuncións. Xa sexa pola morte de persoas de longa idade como de xente nova e de mediana idade que está a causar esa terrible pidemia deste século que está a asolar a coqueta aldea dende hai uns anos a esta parte, o caso é que Brañas Verdes está a sofrir un terrible drama demografico que ameaza con deixar con dúas dúcias de habitantes este nucleo poboacional. Na noite deste venres 26 de abril de 2019, a redacción desta web recibía aflixida a noticia da defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don Ernesto Tajes Castro aos seus 56 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ernesto está sendo velado na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 16:45 da tarde deste sábado 27 de abril. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ernesto para, acto seguido, procederse a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende esta redacción a nosa máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Ernesto Tajes Castro así como ofrecerlles todo o noso apoio nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario