1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Continúan a producirse noticias tráxicas por todo o territorio municipal sen solución de continuidade. Desta volta temos que dar conta da defunción na súa casa do querido veciño de Xaviña Don Manuel Romero Lema aos seus 88 anos de idade. O corpo sen vida de "O Serrador", tal e como era cariñosamente coñecido por todos os seus veciños, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camairñas Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María ás 18:00 horas deste martes 19 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, recibir cristiana sepultura no panteón familiar do Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias e todo o ánimo que podamos trasladar nestes duros momentos a toda a familia e amigos de Don Manuel Romero Lema. Descanse en Paz.

Engadir un comentario