1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na mañán deste domingo 10 de marzo producíase un dos actos máis viles e sacrílegos que se recordan neste concello. Cando á primeira hora da mañá deste domingo as encargadas do santuario de Santa María de Xaviña entraban no templo para prepararse co propósito de comezar a tradicional misa dominical xaviñana, déronse conta nada más entrar de que faltaban as imaxes das veneradas virxes da Dolores e Nuestra Señora. Ante a alarma xeralizada das encargadas procedeuse á acender todas as luces do interior da igrexa e iniciar a inspección do sagrado templo xaviñán para dar conta do extrano suceso. Instantes despois disto as encargadas atoparon a esas dúa imaxes nos bancos da igrexa. O caso é que estas dúas santiñas estaban totalmente despoxadas das alaxas e collares cos cales os seus feligreses as adornaran con total devoción.

Ademáis tamén era o San Blas o que era despoxado das dúas cadenas de ouro que portaba ofrecidas polos seus numerosos devotos. Pouco despois as señoras que se ocupan da apertura da igrexa de Xaviña constataron que se debía de tratar dun rouba sacrílego, e máis cando puderon comprobar que os ferros da ventana da sacristía estaban totalmente doblados. Ese sería o lugar por onde presumiblemente se puderon colar eses sacrílegos amigos do axeno. Ao momento se procedeu a facer a chamada de denuncia ao 061 e, ante a grave falta de efectivos da benemérita en Camariñas, ahí tiveron que vir arrastrados camiño abaixo os efectivos da patrulla de Vimianzo como ven sendo habitual nos últimos anos, os cales, xa rematada a misa das once da mañán, comprobaron e tomaron testemuña do delito así como dos desperfectos do acto sacrílego.

Douse a extrana circunstancia de que os ladróns aproveitaron o estacionamento dunha gran carpa que o Concello de Camariñas tiña instalada para a celebración do carnaval e que facilitou en gran medida o traballo destes delincuentes. Non sabemos porque aínda estaba situado na Praza da Igrexa este gran muro blanco que os amigos do alleo aproveitaron para roubar no sagrado santuario xaviñán, o caso é que foi utilizada a ubicación deste armatroste para que os ladróns perpetraran un golpe terrible á entrañable comunidade cristiá de Xaviña. E aínda que esto poidera ser clave para que os acontecementos se produciran desa maneira tampouco podemos poñerlle a culpa deste tráxico suceso. Así e todo avisamos que dende Camarinas.eu seguiremos informando da deriva da investigación deste grave sucesos acaecido na mañán deste sagrado domingo 10 de marzo de 2019.

Engadir un comentario