Continúa o incensante goteo de defuncións que está a asolar todo o Concello de Camariñas. Ata cinco defuncións levamos nesta tráxica semana de comezaos de marzo de 2019. Na mañán deste sábado 2 de marzo a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da morte do querido veciño de Xaviña Don José López Blanco aos seus 83 anos de idade. Don José, cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña por "O Pocho" está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste domingo 3 de marzo. Celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José procederase a trasladar o seu féretro cara o cemiterio de Xaviña onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso cariño e ánimos a todad a familia deste estimado veciño de Xaviña nestes duros momentos que está a atravesar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario