Volvían a soar melanólicamente as campás da igrexa de Xaviña na mañán deste xoves 21 de febreiro. Anunciaban os repiques no santuariuo xaviñán a triste noticia da morte da súa querida veciña Dona María Sambade Canosa na noite deste mércores 20 de febreiro de 2019 aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Dona María da Manera, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia, está sendo velada na súa casa da Costa en Xaviña, dende onde sairá ás 16:15 da tarde deste venres 22 de febreiro cara a Igrexa de Santa María para ser celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María. A continuación o féretro será trasladado hacia o cemiterio veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Dona María terán merecido descanso enterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Sambade Canosa. Descanse en Paz.

Comentarios   

Minia alvite
+2 # RE: Dona María Sambade Canosa, veciña de Xaviña, Descanse en PazMinia alvite 21/02/2019 17:34
Mi mas sentido pésame a toda la familia. Descanse en paz.
Responder | Denunciar ante o administrador