Terrible a xeira de decesos de persoas xoves que leva asolando a todo o Concello de Camariñas. Na mañán deste martes 5 de febreiro de 2019 recibíamos a triste noticia do falecemento de Don Jesús Figueroa Canosa aos seus tempranos 61 anos de idade despois de estar convalecente durante tantos anos na súa casa de Xaviña. O corpo sen vida de Jesús do Alegre, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Xaviña está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste mércores 6 de febreiro. Alí, no sagrado templo xaviñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Jesús para, acto seguido realizarse o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Jesús Figueroa Canosa. Descanse en Paz.

Engadir un comentario