1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este mes de xaneiro de 2019 está resultando tráxico en todo o Concello de Camariñas. Non sabemos exactamente cantos dos nosos veciños tiveron a mala fortuna de falecer nestes primeiros días de ano, pero moito nos tememos que podemos estar a falar dun dos meses con máis mortes do últimos tempos. Especialmente sintomática a grave situación poblacional do noso querido lugar de Brañas Verdes que pouco a pouco se está a converter nunha aldea deserta onde non hai nacementos e as defiuncións se contan cada mes como un goteo incesante. A derradeira neste lugar producíase na tarde deste luns 21 de xaneiro de 2019 cando o querido veciño de Brañas Verdes Don Ernesto Tajes Mouzo deixaba este mundo aos seus 82 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ernesto, moi coñecido en toda a parroquia de Xaviña, está sendo velado no Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sará cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas da tarde deste martes 22 de xaneiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ernesto para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Don Ernesto terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Ernesto Tajes Mouzo. Descanse en Paz.

Engadir un comentario