Continúa o incesante goteo de traxicas noticias que asolan o concello nestes primeiros dias de ano. Na mañan deste 15 de xaneiro de 2019 a redacción de Camarinas.eu recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Xaviña Dona María Carril Lema aos seus 80 anos de idade. Dona María de Valente, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a parroquia xaviñana, está sendo velada no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá ás 15:45 cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realización do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña onde os restos mortais de Dona María do Calente terán merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Carril Lema e ofrecerlles o noso abrazo como consolo nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario