Na mañán deste xélido sábado 5 de outubro, a redacción desta web era coñecedora da triste noticia da morte da querida veciña de Xaviña Dona Carmen Blanco Vigo aos seus 90 anos de idade. Señora Carmen da Pocha, tal e como era cariñosamente coñecida por toda a veciñanza de Xaviña, está sendo velada na sala 1 do Tanatorio Parroquial de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a súa natal Igrexa de Santa María de Xaviña ás 16:00 horas deste domingo 6 de xaneiro de 2018. Acto seguido, e xa no sagrado templo xaviñán, celebrarase o funeral de corpo presente pola alma de Dona carmen para, acto seguido realizarse o sepelio desta querida veciña no Cemiterio de Santa María de Xaviña onde os seus restos terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condilencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Blanco Vigo. Descanse en Paz.

Engadir un comentario