Continúa o goteo incesante de tristes noticias neste fin de semana tráxico en todo o concello de Camariñas. Este sábado azoutaba outra vez a desgracia desta volta na nosa entrañable parroquia de Xaviña onde falecía Dona María Lema Moreira aos seus 97 anos de idade. Máis coñecida como María de Florindo, era esta querida señora unha das persoas máis lonxevas do noso concello e falecía na súa casa de Xaviña rodeada dos seus seres queridos. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 da tarde deste domingo 25 de novembro. Alí, no sagrado templo xaviñán, será celebrado o seu funeral de corpo presente para acto seguido, procederse a trasladar os restos mortais de Dona María cara o Cemiterio Veciñal de Xaviña onde esta querida veciña terá merecido descanso eterno. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Lema Moreira. Descanse en Paz.

Engadir un comentario