Finalizan os traballos de renovación dun total de 102 luminarias nos núcleos da Grela, Tasaraño e Costa, na parroquia de Xaviña. Unha actuación valorada en 33.068,61 euros que está financiada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia. Hoxe tivo lugar a recepción de obra por parte do Concello de Camariñas, á que asistiron a alcaldesa, Sandra Insua; o concelleiro de Urbanismo, Juan Carlos Canosa e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño.

A actuación está valorada en 33.000 euros e enmárcase dentro do Fondo de Compensación Ambiental.

O proxecto consistiu na renovación da iluminación exterior nos citados núcleos, substituyendo ás actuais luminarias por outras de tipo LED de última xeración e alta eficiencia enerxética. Ademais, renováronse os centros de mando existentes.

Na recepción, Juan Carlos Canosa destacou que “o Concello de Camariñas continúa así coa súa aposta pola eficiencia enerxética xa que, con esta actuación, conséguese unha mellora tanto ambiental como económica. En consumo eléctrico diminuirá en torno ao 60% e estímase unha diminución de emisións de CO2”.

Ademais, fóra do proxecto, detectouse unha necesidade lumínica nunha zona entre Tasaraño e A Grela, onde agora estanse instalando novas luminarias debido a que esta é unha ruta moi frecuentada polos veciños do lugar.

Juan Carlos Canosa en tarefas de mantemento das novas luminarias
Juan Carlos Canosa en tarefas de mantemento das novas luminarias

Engadir un comentario