Na tarde deste domingo 8 de xullo a redacción de Camarinas.eu recibía aflixida a triste noticia do falecemento do noso querido amigo Roberto Carril Castiñeira aos seus tempranos 59 anos de idade no Hospital Juan Canalejo da Coruña despois de sofrir un íctus que acabou finalmente coa súa vida. Roberto, profesor e educador nos respectivos centros escolares do concello, moi querido e respetado pola meirande parte dos veciños e veciñas do contorno, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais na tarde deste luns 9 de xullo de 2018 para ser incinerados. O martes 10 de xullo de 2019 será celebrada unha misa en recordo do noso querido profesor Roberto que lembraremos para sempre. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Roberto Carril Castiñeira. Descansa en Paz Amigo.

Engadir un comentario