1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na tarde deste 27 de marzo de 2018, un grupo de veciños do concello encabezados polo concelleiro xaviñán Sergio Caamaño desprazábanse ata Muxía para estar presentes na reunión que a Xunta de Galicia organizaba en Muxía con motivo da inclusión desta vila da Costa da Morte na zona infectada pola couza guatemalteca da pataca. Estas son as impresións e notas recollidas desta charla informativa que os técnicos da Xunta comentaron nesta reunión sobre a polilla da pataca en Muxía. Manifestar antes de nada a nosa comprensión e apoio polos duros momentos que van vivir os veciños do Concello de Muxía. O cabreo tanto do Alcalde como dos cidadáns na charla presentes son totalmente compartidos.

O concelleiro Sergio Caamaño asistíu este martes á reunión cos técnicos da Xunta sobre a crise da polilla da pataca en Muxía. Dende o Concello de Camariñas recoméndase esperar a prantar ata que a Xunta nos informe dos resultados das trampas que puxeron en febreiro no noso termo municipal. A día de hoxe só somos zona tampón e está permitido plantar cunha declaración previa, pero hai que ter cuidado que non se estenda a plaga e nos marquen como zona infestada. Certo que iso só pasou nun municipio de todos os concellos tampón do norte da provincia da Coruña e Lugo, pero hai que ter cautela.

Todo empezou en San Martiño de Ozón, posteriormente a Xunta analizou patacas de explotacións de alí e decretou o Concello de Muxía enteiro como zona infestada e 5 Km campo a través desde o linde municipal, non desde Ozón, como zona tampón. Nesa zona está parte do Concello de Camariñas e queda libre Santa Mariña, Arou e Camelle.

A zona tampón é unha zona de vixilancia, non infestada, polo tanto, SÍ SE PODE PLANTAR PATACAS AÍNDAQUE É RECOMENDABLE ESPERAR A QUE A XUNTA INFORME DOS RESULTADOS DAS TRAMPAS, pero os que plantamos para autoconsumo temos que comunicalo e colocar unha trampa na zona de almacenamento que non debe ter fisuras e estar limpa. A maiores a Xunta propón unha serie de recomendacións que se poden ver no folleto do seguinte enlace.

Que plazo hai para entregar a comunicación? Non hai, pero o máis pronto posible. Onde se pode facer esa declaración? Na oficina agraria, pero o Concello de Camariñas tratará de acercar aos veciños esas declaracións e que non teñan que desplazarse. Consultarase á Xunta se o permiten e como facelo. A Xunta de Galicia vai a dar a trampa que hai que poñer na zona de almacenamento? Si, vaina dar no momento da declaración. É importante poñer esta trampa xa que o lugar onde evoluciona a plaga é onde hai patacas almacenadas.

Os que non cultivan pero compran cantidade de patacas para todo o ano e almacenan, recoméndase que non o fagan e que compren pataca embalsada e con certificado de procedencia.

Podemos pasar de zona tampón a infestada? Si, pero é pouco probable. Só pasou nun concello de todos os que actualmente forman parte das zonas tampón.

Que indemnizacións hai para as zonas infestadas?
- 0,70 euros kg pataca semente. No caso de ter ticket de compra prima o peso indicado no ticket.
- 0,40 euros m2 sementado.
- 0,30 euros kg paraca almacenada da campaña anterior.

Nas zonas infestadas hai que entregar todas as patacas. O levantamento das patacas plantadas pode facerse cando saia a planta pero hai que facer a declaración. Nota, a pataca de semente non se debe comer xa que ten uns tratamentos non aptos.

Mañá ás 8:30, acudirei a unha reunión en Muxía con outros representantes dos Concellos tampón. Ademais, mañá solicitaremos á consellería resposta as dúbidas de se se poden presentar as declaracións a través do Concello e pediremos unha charla informativa no noso Concello que xa ofreceron os técnicos que interviron na charla.

Engadir un comentario