1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Tarde tráxica a deste domingo 18 de marzo en todo o concello. Ás mortes de Dona Yda na Ponte do Porto e de Dona Dolores en Camariñas sumábase a dramática defunción do querido veciño de Brañas Verdes Don José Manuel Méndez Martínez aos seus tempranos 46 anos de idade. Encontrábase noso amigo, moi coñecido en todo o concello, un pouco indisposto na media mañán deste domingo e decidíu chamar aos servicios médicos que se trasladaron de urxencia ata Brañas Verdes. Ao chegar estes á casa de Don José Manuel os facultativos encontráronse con que o paciente estaba xa moi grave e sin coñecemento. Os médicos intentaron revertir a situación e incluso chegaron a utilizar o desfibrilador para reanimar a José Manuel que xacía xa sen vida. Dase a circunstancia de que ao non estar claros os motivos da morte de Don José Manuel os servizos médicos decidiron trasladar os restos mortais do veciño de Brañas Verdes a un centro hospitalario da Coruña onde se lle practicou a autopsia. Na mañán deste luns 19 de marzo chegaba o corpo sen vida Don José Manuel ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto onde será velado ata mañán martes cando ás 16:15 será trasladado o féretro deste querido veciño cara a Igrexa de Santa María de Xaviña para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a trasladar o féretro de Don José Manuel ata o Cemiterio Veciñal de Xaviña onde os restos mortais de Don José Manuel terán descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Manuel Méndez Martínez.

Servizo de autobuses: Salida ás 14:45 Desde Carantoña pasando por Camelle, Arou, Santa Mariña e Brañas Verdes hacia o Tanatorio da Ponte do Porto. Á mesma hora sairá outro autobús dende Camariñas pasando por Xaviña e Dor hacia o mesmo destino.

 

Engadir un comentario