1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañán deste xoves 22 de febreiro de 2018 recibíamos nesta redacción a triste noticia da defunción da querida veciña de Xaviña Dona Carmen Vigo Santos aos seus 96 anos de idade. Dona Carmen, viúva de Alejandro do Paneco como era máis coñecida en toda esta parroquia, está sendo velada na súa casa do Sixto dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña este venres 23 de febreiro ás 16:30 horas para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido, os restos mortais desta querida veciña, serán trasladados ata o Cemiterio Parroquial de Xaviña onde estes terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Vigo Santos. Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.