1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Remata este tráxico mes de xaneiro de 2018, e faino da mesma maneira coa que comezou, con outra defunción. Realmente este goteo incesante de decesos que asolan o noso concello non ten vilos de desaparecer. Desta volta temos que anunciar a triste noticia da morte do querido veciño de Brañas Verdes Don Manuel Tajes Blanco aos seus 81 anos de idade. Don Manuel falecía na madrugada deste 31 de xaneiro de 2018 no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Os seus restos mortais están sendo velados na sala 1 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña exactamente ás 15:45 horas deste xoves 1 de febreiro. Xa no sagrado templo xaviñán será celebrado o funeral de corpo presente de Don Manuel para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o camposanto de Xaviña onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Tajes Blanco. Descanse en Paz.

SERVIZO DE AUTOBÚS: Salirá un autobús ás 14:40 dende Camelle pasando por Arou, Santa Mariña, Brañas Verdes e Xaviña con dirección ao Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto que despois collerá rumbo cara a Igrexa de Xaviña onde se celebrará o funeral de corpo presente.

Engadir un comentario