Na mañán deste atemporalado mércores 27 de decembro falecía na súa casa do Pedrouzo Don José Martínez Martínez aos seus 85 anos de idade despois dunha dura loita contra unha enfermidad que ao final e a postre levouse por diante a vida do noso querido amigo. Os restos mortais do señor José de Laureano, como era cariñosamente coñecido en toda a parroquia de Xaviña, están sendo velados no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán cara a Igrexa de Santa María de Xaviña na tarde deste xoves 28 de decembro exactamente ás 15:45 horas. A continuación e xa no sagrado templo xaviñán será realizado o funeral de corpo presente de Don José para, acto seguido, ser celebrado o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Santa María de Xaviña onde o noso amigo terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José MArtínez Martínez. Descanse en Paz.

SERVIZO DE ÓMNIBUS (AUTOS FACAL): CON SAÍDA DE BRAÑAS VERDES ÁS 15:00 HORAS PASANDO POR XAVIÑA, TANATORIO DE CAMARIÑAS,  CEMITERIO E REGRESO A BRAÑAS VERDES.

Engadir un comentario