1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Eran cerca das 9 da noite deste xa tráxico xoves 16 de novembro cando os veciños de Xaviña vían circular a gran velocidade polo cruce de Santa Mariña unha ambulancia coas luces de emerxencia acendidas ante a alarma xeralizada dos veciños que por alí viven. O vehículo de socorro medicalizado ía en auxilio do veciño de Brañas Verdes Don Manuel Blanco Lema que sofría un ataque ao corazón na súa propia casa. Os servizos sanitarios pouco puderon facer para salvar a vida de Don Manuel, máis coñecido como Manolo de Modesto, que falecía pouco despois aos seus 92 anos de idade. O corpo sen vida do señor Manolo está sendo velado na súa casa de Brañas Verdes. Dende alí sairá o cadaleito do noso querido veciño a eso das 15:45 da tarde deste sábado 18 de novembro cara a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña para ser celebrado o funeral de corpo presente. Acto seguido os restos mortais de Don Manuel serán trasladados ao cemiterio Parroquial de Xaviña onde se celebrará o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Blanco Lema. Descanse en Paz.

SERVIZO DE OMNIBUS (AUTOS FACAL): Para todos aqueles veciños dos arredores que desexen acompañar á familia do Señor Manolo de Modesto haberá un autobús que efectuará a súa saída de Braño ás 14:30 da tarde, pasando pola Ponte do Porto, Camelle, Arou, Santa Mariña, domicilio Brañas Verdes para o acompañamente do cadaleito ata a Igrexa, cementerio e regreso de volta.

Engadir un comentario