1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A avespa velutina é unha avespa orixinaria da China que se alimenta de insectos e de abellas, facendo auténticos estragos nas colmenas. Non son mais perigosas para o ser humán que calquera outra vespa ou abella pero a súa picadura é moi dolorosa e a cantidade de veleno inoculado é maior. Parece ser que chegaron a Europa, unha raíña co seu niño, nun contedor de mercadorías descargado nun porto francés do Mediterráneo e de aí ao resto do sur do continente estase propagando coma unha peste.

Ao noso concello colléronlle un cariño desmesurado. No que levamos de ano lévanse destruido mais de trinta e dous enxames en distintas partes do municipio e non é infrecuente atopalas xa no casco urbano de Camariñas, a Ponte ou Camelle de xeito illado e próximas as nosas vivendas, sen que nos decatemos.

Aínda que a erradicación dos niños é unha competencia autonómica, é o concello quen ven realizando esta función diante da escasa, por non decir nula, resposta da Xunta ás demandas dos veciños. A lo menos iso é o que nos manifesta o concelleiro responsable de medio ambiente Sergio Caamaño, quen tamén nos facilitou os datos que publicamos sobre actuacións diante deste problema.

O Concello de Camariñas ten que facerse cargo do servicio de retirada destas colmenas xa que a Xunta desenténdeuse do tema

O concello concertou cun apicultor profesional José Manuel Soto, o noso querido Padronés, da Costa de Agramar de Xaviña, a retirada destes niños de velutina. Ate non fai moito realizaba esta función co seu equipo de apicultor pero dende hai escasamente un mes, e gracias a un convenio entre a Xunta e o Concello, pode dispor dun traxe e dunha pértiga específicos para esta función.

Quéixase Sergio Caamaño que a Xunta desenténdese do resto dos gastos que conleva este servicio, a pesar de que é competencia súa, xa que a retribución ao apicultor e os medios físicos e materiais van por conta do Concello aínda non sendo a súa competencia. Ahí si que non se mete Montoro, engadimos nós da nosa colleita.

Así que, cando vexades chegar ao Padronés a retirar un niño de velutina, votade contas que o seu salario, a grúa e os demais medios materiais pagámolos os camariñáns. A Xunta so poñe o traxe do apicultor. Son cousiñas que compre saber para opinar con coñecemento de causa nesta guerra contra un bichiño que nos ven de China e que nos está facendo moito daño, sobre todo ás pobres abellas e aos apicultores.

Engadir un comentario