Moi preto de Dona Verita Martínez, falecida na madrugada deste xoves, vivía a señora que finaba tamén poucas horas despois. Dona María Lema Mouzo era unha querida veciña de Lamastredo e levaba xa ingresada uns días no Hospital Comarcal de Cee onde tristemente faleceu aos seus 92 anos de vida. Dona María, máis coñecida na parroquia de Xaviña por María de Lamastredo está sendo velada na Sala 2 do Tanatorio de San Pedro da Ponte do Porto dende onde sairá cara a súa querida Igrexa de Santa María de Xaviña ás 18:45 deste venres 15 de setembro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María de Lamastredo. Descanse en Paz.

Engadir un comentario