1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúa o goteo incesante de noticias tráxicas no Concello de Camariñas. Na madrugada deste martes 12 de maio deixaba este mundo o querido veciño da Parroquia de Xaviña aínda que natural do Lugar de Dor Don José Barbeira Tajes aos seus 64 anos de idade despois dunha longa loita contra un cáncer que ao final levouse por diante a vida do noso amigo. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara á Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña ás 15:45 horas deste mércores 13 de maio. Dende a redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don José Barbeira Tajes. Descanse en Paz.

Engadir un comentario