1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Xa están as potas a todo lume nas cociña, as viandas máis exquisitas xa a remollo. Os traxes masculiños e as últimas galas femininas xa están preparadas para uns dos días máis grandes da parroquia máis extensa do noso concello. Un día festivo este sábado 7 de febreiro de 2015 no cal se homenaxeará en Xaviña ao seu querido San Blas coa tradicional misa oficiada dende hai décadas polo sabio cura párroco Don Mario no milenario santuario románico de Santa María seguida esta da solemne procesión que percorrerá parte da flamante Rúa da Igrexa. Despois dos oficios relixiosos procederase ao baile vermout coa actuación da Orquesta CINEMA. Xa á noite espérase gran afluencia de persoal orquesteril á verbena que ten como actuación estelar nada máis e nada menos que á orquestra FILADELFIA acompañada da orquestra CINEMA. Coma sempre só nos queda felicitar a esta xoven e traballadora comisión de festas de rapazas de Xaviña que, coa entusiasta colaboración do Concello de Camariñas así como das diferentes casas comerciais de gran parte deste, está cada vez deixando o listón máis e máis arriba. Noraboa chicas!

 

Engadir un comentario