1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A renovada comisión de festas de Santa Mariña ven de organizar para este sábado 6 de decembro de 2014 unha cea baile no Ristorante O Ariño de Xaviña co obxectivo de achegar uns cartiños para a próxima cita festeira dunha das vilas mariñeiras máis coquetas da Costa da Morte. A cena, que estará amenizada por un dúo musical, contará con un sinxelo aínda que apetecible menú no que se servirá en primeiro lugar uns entrantes variados. Xa despois, ben parapetados na mesa todos os comensais, comezarase co reparto do rancho que consistirá en gambas á plancha e churrasco de porco e de tenreira con guarnición e ensalada para despois finalmente culminar con un cafeíño para relaxarse uns e para despexarse os máis bailadores antes de que comece a sesión musical. Todos aqueles que desexen acudir a esta cita para beneficencia da famosa Festa de Santa Mariña poden chamar ao 672 04 19 63 para confirmar a súa asistencia.

Engadir un comentario