Este próximo sábado 6 de decembro de 2014 a partir das 17:00 horas celebrarase na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña o primeiro aniversario do pasamento do noso amigo Don Roberto Castro Tajes. Máis coñecido como Roberto de Brañas Verdes, finou tristemente un 1 de decembro de 2013 aos seus 59 anos de idade despois dunha dura loita contra unha fatal enfermidade que ao final levouse por diante a vida do noso querido amigo. Para todos aqueles que queiran asistir ao funeral de Roberto contarán con servicio de dous autobuses que sairán un dende Camelle ás 16:00 horas pasando por A Ponte do Porto, O Allo e Dor e outro transporte que sairá dende Carantoña á mesma hora e que pasará recollendo a todas as persoas que desexen asistir ao funeral de Roberto polas localidades de Santa Mariña, Brañas Verdes e Camariñas. Roberto Castro Tajes, sempre na nosa memoria. Descanse en Paz.

Comentarios   

rula
+2 # RE: Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajesrula 04/12/2014 10:53
Será el sábado 6 ?, porque el 5 es viernes
Responder | Denunciar ante o administrador
diegoalfr
+1 # RE: Primeiro Aniversario de Roberto Castro Tajesdiegoalfr 04/12/2014 11:04
Xa está rectificada a fecha. Gracias Rula.
Responder | Denunciar ante o administrador