Amencer tráxico en Xaviña este luns 24 de novembro de 2014. A primeira hora da mañá a redacción de Camarinas.eu recibía incrédula a triste e dolorosa noticia da morte do noso querido amigo José Antonio Fabián González aos tan só 58 anos de idade. O corpo sen vida do coñecido comerciante orixinario da provincia de Ávila aparecía sen vida na súa casa do lugar da Piosa por mor dun paro cardíaco. Fabián, como era popularmente coñecido en gran parte da Costa da Morte, estaba casado e deixa un fillo orfo, Juan, que había tan só escasos meses contraera matrimonio. O corpo sen vida de Fabián está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas dende onde sairá ás 16:30 horas deste martes 25 de novembro hacia a Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña onde se realizará o Funeral de Corpo Presente para despois proceder ao sepelio no Cemiterio Parroquial de Xaviña. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Fabián e ofrecer todo o noso apoio nestes durísimos momentos que están a vivir. José Antonio Fabián González, Descanse en Paz.

Comentarios   

Stella
+2 # RE: José Antonio Fabián González, Descanse en PazStella 24/11/2014 16:39
Nuestro más sentido pésame a toda su familia.
Un abrazo
D.E.P.
Responder | Denunciar ante o administrador