Decididos a por en marcha os valores turísticos de Camariñas, dende o Concello e dentro do proxecto do GAC, para o desenvolvemento da zona costeira do Ariño, veñen de idear unha atractiva proposta ca que achegar os paraísos naturais así como a realidade socioeconómica aos cada vez máis numerosos visitantes que se achegan pola terra das palilleiras. Chámase este innovador proxecto "Rutas guiadas por Mariscadoras", que fomentará as visitas guiadas polos nosos bancos marisqueiros baixo o superior maxisterio de calqueira das mulleres que se afanan día tras día apañando un marisco areeiro dunha calidade excepcional. Así, na mañán deste mércores 30 de xullo de 2014 podíase ver no Areal de O Ariño a nova Presidenta da Cofradía Maior de Camariñas, Dolores Bermúdez, máis coñecida como Lola do Marisqueo por ser durante anos a presidenta deste colectivo, explicándolles a un grupo de turistas a forma de traballar das mariscadores así como a diferencia entre as distintas especies e variedades das mesmas. Un peculiar traballo no que se estreaba a nosa amiga Lola, á que dende aquí felicitamos polo seu novo cargo, no que terá que afrontar un importante desafío dado o gran legado deixado polo seu antecesor José Manuel Gerpe "Choniño" ao que desexamos o máis feliz dos retiros despois do exemplar traballo realizado. Os interesados en inscribirse nestas rutas guiadas deberán apuntarse no Punto de información Turística de Camariñas, chamando aos teléfonos 981 737 204/004 ou enviando un email a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Engadir un comentario