Este venres 25 de xullo de 2014 celebrábase por todo o alto no lugar recreativo do areal O Ariño a tradicional Festa da Praia. Facíao esta mañán a eso das 13:00 horas coa celebración dunha multitudinaria misa oficiada polo noso querido párroco Don Mario na mesma praia e de seguido comezaba a troula con bailes tradicionais galegos e a típica sardiñada que foi degustada polo numeroso público alí congregado. E será este fin de semana cando continúen as festas en Xaviña coa celebración do Sacramento na céntrica parroquia do noso concello. Unhas festas nocturnas que estarán amenizadas por varias orquestras, grupos e discotecas móbiles que farán as delicias dos máis novos, pero antes de todo isto, celebrarase a tradicional procesión do Sacramento Xaviñán no que voltaremos a ver o fulgor relixioso da nosa querida parroquia de Santa María de Xaviña. Felices festas a todos!

Engadir un comentario