5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
A gran persoaxe do momento fala para Camarinas.eu. Faino en exclusiva, como corresponde ao principal medio de comunicación da Costa da Morte, a través dun vídeo especial no que dende Suiza o creador do maior fenómeno de masas que se lembre neste remoto recuncho atlántico pasa revista ao xa realizado e adianta os seus vindeiros pasos. Estaba lonxe de imaxinar o xaviñán Damián Pereira, Tiburón para os seus amigos, ata onde chegaría o #legadodeltibu, que centos, miles de persoas, gustosas, aceptarían tras ser nominadas un baño de auga xeado a cambio de non pagar unha suculenta cea. Mariñeiros, comerciantes, parados, alcaldes, curas, etc... todos á auga. Un grupo en facebook que conta xa con máis de 1.000 integrantes. Pero non se contenta con elo e en esta primicia Damián nos adianta que entre as novedades que se avecinan xa se inclúe unha quedada masiva no Ariño para o mes de agosto, churrasquiño incluido, cando el esté de volta por estas terras, a posta a venta de camisetas oficiais de #legadodeltibu cuia recadación irá íntegra á Asociación de Loita contra o Cancro. Pero será mellor que volo conte, el, o creador da maior experiencia de ilusión colectiva da historia da Costa da Morte.

Engadir un comentario