1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Sigue extendéndose a lenda de Damián Pereira "Tibu" por toda a xeografía galaica sin solución de continuidade e agora traspasa xa as fronteiras dos Ancares. Desta vez o medio de comunicación que se fai eco desta impresionante actividade viral é o canle de ámbito nacional Cuatro que no seu informativo desta tarde venres 30 de maio de 2014 adica unha pequena reportaxe sobre o #Legadodeltibu na que os reporteiros da canle privada contan a impresionante repercusión desta na cal xa se contan por miles de persoas os que se mollaron por conta de non pagar unha suculenta mariscada aos seus nominadores. Damián Pereira"Tibu", o responsable de toda esta festa social, falaba para os micrófonos dos informativos dende o aeroporto de Santiago de Compostela, ata onde chegou dende terras helvéticas para presenciar o vital partido de fútbol da Liga Adelante entre o Deportivo e o Xaen. De saír victorioso o conxunto coruñés éste conseguiría o ascenso directo a primeira división do fútbol español e, como levan dicindo moitos dos membros do grupo #LegadodelTibu en facebook, sería unha gran oportunidade para lograr facer un mega legado na fonte de Catro Camiños para celebrar dito ascenso. O legado parece non ter límites e son cada vez máis as mostras de recoñecemento dende todos os medios de comunicación que se fan eco desta festa acuática que o noso amigo Damián Pereira, veciño de Xaviña e residente en Suiza, levou ata convertila nunha lenda.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.