1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Tal que que o seu país de orixe, Ucrania, así se atopa de malbaratada a Gabarra Prima. Partira hai un tempo dun porto mítico, de bastante máis renome que o país que lle da acougo, a Odessa das mafias de pequenos rateiros xudíos, da paixón colombófila de Isaak Bábel, a da escalinata máis famosa da historia do cine, copiada ata a saciedade por Coppolas, De Palmas, Terry Gilliams, Woody Allens ou George Lucas, fixérao xusto cando alá pola en tempos chamada Pequena Rusia empezaban as algaradas que levaron o país ás portas mesmas dun conflicto de díficil premonición para embarrancar final e lastimeiramente nas costas de Reira. Porque do mesmo xeito que o seu patria de orixe, nos últimos días agravouse o estado do Prima e agora está xusto a piques de partirse metade por metade, neste caso nunha proa e nunha popa divididas por un burato que semella un túnel do tempo e do espacio, naquel entre un este católico e occidentalizado, refluxo que foi do Reino Polaco-Lituano primeiro e do Imperio Austro-Húngaro despois, e un oeste mineiro e agrario e un sur ribereño, entre o que destacan as rusificadas Crimea ou a mesma Odessa. Reira e a Praza Maidan como sinónimos por un día dunha mesma analoxía: a da ruptura dunha triste gabarra provinte do Mar Negro e o dun país, que como tal, como protagonista por sí mesmo da historia e da comunidade internacional, nunca existío e tal vez non vaia existir nunca máis.

Comentarios   

Manuel Rodriguez
+2 # RE: Continúa o destartalamento da gabarra PrimaManuel Rodriguez 27/02/2014 15:57
Pois para o meu ver ,bastante dura esta sendo a barcaza,vendo os temporais que tivo que aguantar,a súa morte é agónica ,teño ganas de ver como quedo a pedra na cal se embarrancou e que foi a que lle fixo a famosa brecha,era mal lugar e é mal lugar para calquera embarcación que alí vaia a dar ,no de Ucrania é cada día mais inconcibible o rápido que os humanos desfacemos todo e peor aínda ,como nos matamos ,tiven a desgraza de ver por televisión como se pegaban tiros e matábanse entre si
Responder | Denunciar ante o administrador
Maria Leis
+2 # RE: Continúa o destartalamento da gabarra PrimaMaria Leis 27/02/2014 16:25
No apostaba a que durase tanto tiempo ,debe de ser lo poco entendida que soy,la vi en el sitio y ya se veía que era fuerte y ahí esta luchando contra todos lo elementos,es una pena el no poder contemplar toda la belleza de nuestro mar en tantos y tantos lugares ,como desde el faro Villano ,la Buitra o Touriñan,mencio no lugares desde donde puedes ver y tener tranquilidad ,
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Fernadez
+2 # RE: Continúa o destartalamento da gabarra PrimaJuan Fernadez 27/02/2014 16:48
Outro naufragio mais no noso mar ,esta vez non traía nada para estalar nin petroleo,nunha palabra non traía nada ,con todo os políticos non lle deron ningunha volta ,nin sequera comentárono para que ninguén soubese das súas debilidades,a sorte enorme é de que non nos vinga outro Prestige,aínda que se cadra era bo ,vaiche o teu a saber
Responder | Denunciar ante o administrador
Fray escoba
+2 # A Juan FernadezFray escoba 27/02/2014 17:07
Voy a dejar los latines y hablar con claridad,al comentario referente en el cual dice "vaya usted a saber"pues me pone en una duda razonable ,aquellos días fueron de gran dolor y tristeza ,como no acompañados de la solidaridad de los voluntarios que nos llenaban nuestras vidas de satisfacción ,dándole una alegría a la costa que hacia años no se veía al mismo tiempo vino acompañado un movimiento de dinero ¿¿¿¿?????
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+1 # a Manuel RodriguezMoncho de Dios 28/02/2014 23:43
Puestos en tener la obligación de buscar entre algo malo ,es mucho peor lo de Ucrania ,eso sin lugar a ningún genero de dudas ,al fin y al cabo estamos hablando de vidas,aquí de una gabarra ,es necesario reconocer la suerte de ser solo eso ,a mi me gusta la naturaleza con toda su belleza,es algo único ,en vista de los momentos actuales ,por lo menos tener ese disfrute y como no esa riqueza
Responder | Denunciar ante o administrador
Moncho de Dios
+2 # RE: Continúa o destartalamento da gabarra PrimaMoncho de Dios 03/03/2014 10:48
Es sencillamente mi pensamiento,sin pretender ofender a nadie ni nada por el estilo,este barco llego por culpa de un temporal ,a mi sin embargo hablando de Reira me gusta mucho mas en su estado puro,virgen y lleno de bravura ,cada día es de un colorido distinto ,su mar, su cielo ,ahí nunca debieron dejar poner la mano al hombre ,al fin y al cabo lo único que hace es estropear su paisaje,yo nunca pretenderé hacer nada ,pero que todos sepan que si por mi fuera ,yo lo tiraría todo,no me estoy poniendo con nadie ,se meten conmigo todos aquellos que estropearon ese paraíso,eso no tiene ninguna estética,los ayuntamientos también están para algo y nunca debieron permitir construir en ese lugar ,un saludo a los amigos que están en ese lugar ,pero yo también tengo mi opinión.Gracias
Responder | Denunciar ante o administrador
AS CORNAS DO BOI
+1 # RE: Continúa o destartalamento da gabarra PrimaAS CORNAS DO BOI 05/03/2014 00:32
Desde alí distínguese o faro Villano con todo o seu esplendor,preto de onde esta o cemiterio dos ingleses,e si dámonos a volta vemos unha praia fermosa e solitaria chea de dunas e cun fondo dun monte branco cheo de area,é onde mais caramiñas hai que adoitan dar o seu froito alá por setiembre outubro,somos unha xeración de xente preparada para entender mais o que temos ,hoxe en día xa non marchan os cans correndo ,temendo as pedradas dos mozos
Responder | Denunciar ante o administrador