Esta mañá a redacción de Camarinas.eu recibía a tráxica noticia da morte da querida veciña da parroquia de Xaviña Dona Flora María Pérez Freijo despois dunha dura e longa loita contra unha grave enfermidade que ao final levouse por diante a vida desta exemplar muller xaviñana aos seus 58 anos de idade.  Dona Flora María residía dende hai moitos anos na cidade manchega de Guadalajara onde estaba casada con José María Santamaría. Froito deste matrimonio nacía o seu único fillo Adrián. Dende a familia da falecida queren comunicarlles a través de Camarinas.eu a todos os amigos e familiares que, si en un principio estaba previsto que Dona María Flora sería trasladada a súa terra natal para ser velada no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín e despois oficiar o sepelio na súa querida Xaviña, debido ao cansancio que os seus familiares acumularon estos días será finalmente incinerada en Guadalajara. Vaia dende Camarinas.eu as nosas máis sinceiras condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Flora María e ofrecer o noso máis forte apoio nestes duros momentos que están a pasar. Don Flora María Pérez Freijo, Descanse en Paz.
 

Engadir un comentario