En verdade foi unha festividade estrana, entre fortes fríos así como hipotéticas e repentinas chuvias, por elo aínda ten máis valor a heroicidade do pobo de Xaviña de sacar en cristiana procesión en tais datas a San Blas, ahí onde xusto comenza febreiro, no medio dos máis xélidos fríos do ano, e como non, o mérito da súa xove e ilusionada Comisión de Festas, 100% producto femenino xaviñán sobradamente preparado. Así foi o San Blas de 2014 que máis que unha festa convertíose nunha xesta heroica dunha veciñanza e dunha comisión, un exemplo do triunfo da vontade, e sendo esto así, Camarinas.eu, a web que contempla o noso concello como un todo informativo e para a que cada parroquia aínda é máis importante que a anterior, se elo fora posible, tamén se prantou na procesión do San Blas do 2014 e penou cristiana penitencia nun evento que por momentos máis parecía un castigo que unha festa, dado o desapacible da climatoloxía na data en cuestión. Pero ningún tormento é bastante para aplacar a ansia informativa camariñana do medio de comunicación líder da Costa Atlántica. Aquel que cimentou a súa lenda eterna penando a carón dos seus veciños, neste caso de Xaviña, ante os elementos. Xa despois, pola noite, a París de Noia viría a calmar as feridas e resituar a festividade en honor a San Blas nos seus xustos términos.

Engadir un comentario