1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Lamentablemente, o de hoxe resultou ser un dos máis tristes días na súa vida para un amigo entrañable da redacción de Camarinas.eu. Apurábamos o tempo de desconto deste nefasto ano do Noso Señor do 2013, cando cara ás 14:00 horas do venres 20 de decembro na súa casa de Xaviña, en plena comida, falecía dun infarto repentino e traicioneiro o Señor Manuel Canosa Rodríguez, pai do noso gran e apreciado amigo Manolo Canosa, o gran home eléctrico xaviñán. Drama inxusto ás portas mesmas do Nadal que sume nunha profunda e inconsolable dor aos dous fllos que deixa Don Manuel, Manolo e a súa irmá Flora María, así como o resto da familia. Setente sete anos contemplaban a este xaviñán que falecía no día de autos. A data do funeral de corpo presente terá lugar na Igrexa Parroquial de Xaviña ás 16:30 deste sábado 21 de decembro, tendo lugar o velatorio na súa casa familiar. Con todo, non deixan de ser cuestións secundarias éstas: cando un da a vida e unha educación a unha persoa como Manolo o Electricista, o mellor na súa profesión, persoa traballadora, honrada, seria, cando un deixa ese legado, un pode morrer tranquilo e cun certo orgullo. Vaia dende Camarinas.eu o noso máximo pésame a familiares e amigos. Don Manuel Canosa Rodríguez, Descanse En Paz e que Deus o Noso Señor o teña na súa bendita Gloria.

Engadir un comentario