1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As nosas chicas preferidas, as que conforman a única comisión íntegramente femenina do momento,  aquela que pulveriza por igual rexistros macroeconómicos e cuotas de igualdade, segue adiante co seu cometido innegociable, irrenunciable: organizar para a súa amada parroquia de Xaviña o mellor programa de festas que viron as pedras da súa moi secular igrexa románica. A próxima marca a batir: a de organizar outra cea multitudinaria, na que con tal de gozar a súa impoñente presencia, de saciar os ollos ca súa inalcanzable beleza, respirar o mesmo aire que o destas deusas comisionistas xaviñanas, un xa avizora no horizonte outro cheo ata a bandeira no ristorante parroquial elexido. Así o indica o número de apuntados para un evento previsto para o 4 de xaneiro do ano entrante, momento no que por un módico precio de 20 euros/adultos e 10 euros/menores, todos os asistentes poderán contribuir á organización das festas do 2014. A primeira cita xa se achega, será en febreiro co San Blas, proba de fogo para esta ilusionante e ilusionada Comisión de Festas e todo parece indicar (ritmo d eventa de camisetas, de aportacións de veciños, de asistentes a ceas) que estamos en portas dun éxito histórico. Con todas estas beldades en acción festeira, non podía ser doutra maneira.

Comentarios   

Toreroo
+4 # RE: Cena de Reis da Comisión de Festas de XaviñaToreroo 18/12/2013 20:08
Torero,
hay que ser tan valiente
como un torero
para ir sin capote
a robarle un beso.

Para hablarle de cerca,
sin burladero,
hay que ser
torero,
torero,
torero.
Responder | Denunciar ante o administrador
Voy a la cena
+3 # El toreroVoy a la cena 18/12/2013 20:15
Fai falta ser mais que un toureiro,aínda que hai mortes que non dan pena e a que estas pensando a túa ,mal pensado ,que es un mal pensado,sempre o fuches e non deixases de selo,non é esa ,é o pracer de mirar para elas,xa nos valen para facer unha viaxe mental do mais belo,moi ben guapas ,trataremos de estar na cea ,un saúdo
Responder | Denunciar ante o administrador
Vinde a Xaviña
+1 # RE: Cena de Reis da Comisión de Festas de XaviñaVinde a Xaviña 18/12/2013 22:22
Si queres adoprender vinde a Xaviña as festas mellores da redonda
Responder | Denunciar ante o administrador