Don Mario ao fornte da Procesión do Sacramento de Xaviña este 2013

Na estela do máis grande drama que tivo que encarar Galicia no derradeiro cuarto de século tiña lugar a Procesión da Festa do Sacramento de Xaviña. Ocurría o venres 26 de xullo, dous días despois do accidente ferroviario que deixara 80 vidas rematadas nun tramo da vía férrea que levaba a Santiago de Compostela, nunha celebración escueta e sobria, que intentaba por uns momentos de comunión parroquial refrenar a intensa dor que agochaban os presentes por unha hecatombe que se ben non lles afectaba directamente, non podía deixar de causar un forte impacto emocional en toda persoa de ben. Así só houbo unha procesión relixiosa, sin orquesta, sendo os únicos sons musicais os que se abriron paso á finalización do evento a través das notas da Asociación Abrindo Rejo. Unha misa polo demáis oficiada por Don Mario e polo cura orixinario de xaviña (un de tantos) Don Lorenzo, que foi ademáis de relixioso, mestre de lengua española no Instituto Agra Raíces de Cee. Con humildade, con sorda pena e refrenada dor, a través dunha celebración austera e sinxela rendía o pobo de Xaviña a súa homenaxe sentida ás víctimas do máis fatal accidente ferroviario da historia de Galicia.

Engadir un comentario