Jaime Trillo Ogando, o falecemento dun empregado municipal de toda a vidaXusto nos días nos que o Concello para o que traballou cáseque toda unha vida andaba inmerso na voráxine que supón a celebración dunha Mostra do Encaixe falecía na súa casa do Sixto de Xaviña Jaime Trillo Ogando. Tiña lugar o fatal desenlace na tarde do domingo 31 de marzo de 2013, Domingo de Resurrección, cando aos seus 61 anos por mor do cancro que arrastraba dende hai xa uns anos abandoaba este mundo o que fora durante tantos anos barrendeiro municipal e conserxe do CEIP da Ponte do Porto. Orixinario de Castrelo, xaviñán por matrimonio, deixa Jaime unha esposa, María Inés, e tres fillos, María Asunción, Diana e Alberto. Tralo seu falecemento, celebrábase o seu funeral de corpo presente na Igrexa Parroquial de Santa María Xaviña na tarde do luns 1 de abril con numerosa concurrencia de amigos e veciños que daban deste xeito o seu derradeiro adeus a este empregado municipal de toda unha vida. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sinceiro pésame para familia e amigos. Don Jaime Trillo Ogando, Descanse En Paz.

Comentarios   

Xaviñan52
+3 # RE: Jaime Trillo Ogando D.E.P.Xaviñan52 02/04/2013 05:09
Descanza en paz Jaime, esteas donde esteas se feliz como o fustes aqui.
Responder | Denunciar ante o administrador
veronica mendez cast
0 # o meu sentido pesame;(veronica mendez cast 02/04/2013 21:05
sen palabras o ver esta noticia qedeime....sint o muito fui muy agradable traballar cn el durante dous anos no colexio da ponte ....tdas persoas boas nesta vida desaparecen muy rapido ......;(( sinto muito de corazon e moitos animos a toda familia DSP veronica cures
Responder | Denunciar ante o administrador