- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Xaviña e Santa Mariña Xaviña e Santa Mariña
- Created: 14 Febreiro 2013 14 Febreiro 2013
O ano no que o Entroido da Costa da Morte aerotransportouse extramuros da súa área de influencia e regresou como invicto conquistador de Santiago de Compostela (Danzatekas de Vimianzo), en Xaviña as máscaras de Carnaval luciron como nunca. Organizado conxuntamente entre o Concello de Camariñas e a Asociación Abrindo Rejo, na carpa habilitada ao efecto a carón do milenario templo románico o festival transformista-folklórico-gastronómico xaviñán dou un paso ao frente e aquilatouse un ano máis como unha das principais referencias carnavalescas desta festiva Franxa Atlántica.
Nun ambiente de camaradería e veciñanza procedíose ao desfile dos mellores disfraces enxebres, procedíose ao sorteo dun gorrino que gracias Deus non tiña nada que ver con ex-secretarios de corruptoras e corrompidas formacións políticas (a ver quen mantiña a besta nese caso), degustáronse as mellores filloas e orellas e premiouse conforme a xustos veredictos aos que o xurado de sabios expertos desta ocasión considerou como más sobresaíntes entre a multitude festeira que enchía as carpas carnavalescas de Xaviña. As bases para un radiante provenir están sentadas, cada ano afiánzase o proxecto xaviñán e en breve, unha sinxela carpa instalada ao carón da igrexa máis antiga dos contornos, convertirase un punto de peregrinaxe clave nas sinaladas e desinhibidas datas das carnestolendas da Costa da Morte.
Comentarios
En la misma pagina donde pone Carlos Negreira reelexido presidente provincial do PP co 96.5%,dice:Como persona afin ala ideología del partido popular,dar mi sincera enhorabuena al sr Carlos Negreira y POR SUPUESTO A LA ALCALDESA DE CEE.A quien nos sonaran estas palabras de la alcaldesa de Cee
O que si e irrefutable, e que isto beneficiou o blanqueo de capital nas tesorerias de dubidosa orixe,e por tanto isto e inmoral e bochornoso.Un ultraxe e desmoralizacion a etica,inxusto con quen na sua obriga con facenda de maneira transparente tramitaron a declaracion da renta.
Saudos
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.