Manolo Mouzo Rodríguez falecía este mércores aos 79 anosA paz bucolólica, a tranquilidade rural, de Brañas Verdes víose enturbiada este mércores 30 de xaneiro de 2013 co falecemento dun dos seus escasos veciños. Transucurría a mañá do día en cuestión cando na súa casa falecía o Señor Manuel Mouzo Rodríguez de 79 anos de idade. Deixa Don Manuel unha esposa, Señora María, e dúas fillas, ambas casadas na localidade veciña de Arou. O velatorio está tendo lugar no Tanatorio Costa de Vimianzo e o seu funeral de corpo presente está previsto que teña lugar cara ás 17:00 deste desapacible xoves de finalización do mes de xaneiro na Igrexa Parroquial de Santa María de Xaviña. Vaia dende Camarinas.eu o noso pésame á familia deste novo veciño da nosa terra que se nos vai. Don Manuel Mouzo Rodríguez Descanse En Paz.

Engadir un comentario