1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Novo golpe contra un negocio do Concello de Camariñas, desta volta o Restaurante RojoDespois dun período de relativa calma, o imperio do crime voltou atacar Camariñas. Desta volta nun dos locais hosteleiros clásicos do noso concello, un restaurante tan insertado no entramado sociolóxico municipal que ata acabou por dar nome á curva na que se aposenta: o Bar Parrillada Rojo. Era na madrugada deste frío, ventoso, chuvioso e atemporalado mércores 22 de xaneiro de 2013 cando un ou varios descoñecidos se introducían de modo subrepticio no local hosteleiro xaviñán ao amparo das sombras da noite e procedían a sustraer a súa máquina tragaperras. O caso é que os donos do restaurante viven sobre o mesmo, no piso superior, e elo leva a pensar que os ladróns coñecían esta circunstancia polo que procederon a axilizar a súa labor delictiva centrándose só na citada máquina recreativa, conscientes de que si os donos do local se enteraban da súa indesexada irrupción a cousa podería pasar a maiores.

Así pois deste inusual xeito tiña lugar no noso concello o enésimo episodio de roubo con forza nun local ou vivenda sen que ata o de agora haia que lamentar máis que o valor do sustraído: calqueira destos días, en calqueira dos lances delicuenciais que están por vir, un propietario decatarase de que está sendo obxecto dun roubo e as cousas pasarán a maiores, darase ese fatal salto cualitativo de gravidade que ata o de agora tan só a fortuna evitou. Con todo, xa non basta con que as xentes honradas se teñan que deslomar traballando para pagar os impostos que manteñen a tanto afiliado e simpatizante político colocado en calqueira dos numerosos organismos públicos que nos afogan, senón que agora tamén deben manter a outros que non queren traballar: aqueles que se adican a sustraer os bens alleos utilizando ben a forza física, ben a violencia. Dende aquí en Camarinas.eu tan só nos queda enviarlles o noso apoio e solidariedade aos donos do lexendario Restaurante Rojo e recomendarlles que o leven con paciencia. Moita paciencia.

Comentarios   

que decir
+3 # RE: Roubo no Restaurante Rojoque decir 23/01/2013 14:17
sa non se save o que hay que disir,sejuramen te entre todos se poda acer algo,cando vemos cosas raras e descuvrir quen podo ser si savemos e calamos eso e malo,a pacciencia no e mal consello pero non sempre llega
Denunciar ante o administrador
Manuel Romero
+3 # RE: Roubo no Restaurante RojoManuel Romero 23/01/2013 14:47
Malas noticias últimamente en nuestros pueblos ,robos aquí y allá esto no va bien y que no empeore,los vicios ,el hambre,la falta de dinero llueve mucho y no escampa ojala por el bien de todos vaya escampando lo siento mucho
Denunciar ante o administrador
Manuel Alvarez
+3 # RE: Roubo no Restaurante RojoManuel Alvarez 23/01/2013 17:22
cualquier día sucede una desgracia mucho mas lamentable,pues uno que se encuentra en su casa y ve gente de noche tiene que tener mucha serenidad para no perder los nervios y los ladrones también si se sienten reconocidos o enganchados
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Roubo no Restaurante RojoBeldoña 23/01/2013 20:13
Muchas veces, es mejor no encontrarlos " in fraganti ", porque tal vez podrían darse situaciones peligrosas que, luego, se lamentarían.Hay que dejar trabajar a las fuerzas del orden y, ojalá, den con ellos por el bien de todos.
Ánimo, porque tarde o temprano, caerán.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.