1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O falecemento dun labrego galego, Alejandro Tajes Rodríguez, D.E.P.Na noite deste martes 6 de novembro de 2012 falecía no Hospital de Cee D. Alejandro Tajes Rodríguez. Veciño dos Pions (Xaviña), tiña 90 anos, deixa dous fillos (Maruja e José Tajes Vigo) e unha esposa, Carmen Vigo, da mesma idade co falecido (de feito a diferencia entre eles era de tan só 15 días) e que está convalecente na cama dende fai anos. O curioso deste home é que sendo como foi o maior dunha amplia familia e tendo numerosos irmáns foi o último en morrer. A maioría destes marcharan polo mundo sobre todo cara a Argentina sendo él o único ademáis que quedou na casa matriz de Xaviña, aquela onde naceu e na que está sendo velado nestes mesmos intres. Adicou ao traballo de labrego toda a súa vida. O enterro celebrarase as 4 da tarde na Igrexa de Xaviña, saíndo do seu fogar a procesión fúnebre cara o templo parroquial un cuarto de hora antes, ás 15:45 horas. Vaia dende Camarinas.eu o noso máis sentido pésame aos seus familiares. Don Alejandro Tajes Rodríguez, Descanse En Paz.

Comentarios   

diegoalfr
0 # RE: Alejandro Tajes Rodríguez D.E.P.diegoalfr 09/11/2012 09:31
Descanse en Paz señor Alejandro.
Responder | Denunciar ante o administrador