1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A nai do ex-alcalde Bautista Santos Ramos atropelada de gravidade este luns 22 de outubro A tranquilidade ancestral de Xaviña víose tráxicamente enturbiada cara ás 20:30 horas deste luns 22 de outubro de 2012 cando a Señora Cielo, sogra do ex-alcalde do Concello de Camariñas durante 24 anos Bautista Santos Ramos, era atropelada de gravidade. Os feitos acaecían diante da Casa da Sociedá, en plena recta de Sara, cando esta octoxenaria  xaviñana se dispoñía a cruzar a calzada e un automóvil procedente de Camariñas, supostamente pilotado por un veciño de Cures segunda a versión que circula a día de hoxe pola Vila das Palilleiras levouna por diante. De forma inmediata púxose en marcha un dispositivo de emerxencia que rematou ca rápida evacuación de Dona Cielo cara o Hospital Universitario da Coruña, o durante tantos anos, toda unha vida, chamado Juan Canalejo, onde está en observación.

Todo elo acontecía nun día aciago para a parroquia máis extensa do Concello de Camariñas xa que aos feitos tráxicamente acaecidos frente á Casa da Sociedá debe sumarse a evacuación na mañán da xornada de autos a través do helicóptero de emerxencias doutra octoxenaria da mesma parroquia, a santamariñana Amelia Suárez, víctima dun ataque ao corazón. Pouco máis podemos decir nestes intres sobre o estado de Donda Cielo, tan só trasladar á familia a nosa firme solidariedade e esperanza en que todo acabe para ben.

Comentarios   

Alguien
0 # #TodosContigoAlguien 24/10/2012 14:38
Sielita (A atropelada) Xaviña está contigo, ponte ben no nome de todos, porque tan boa persona conma ti é o difícil de atopar :)
Responder | Denunciar ante o administrador